
O obxectivo da Comisión é que non quede ningunha voz por escoitar de entre o grupo coñecido como “actores de mercado”. Desta volta, todos terán a oportunidade de dar a súa opinión sobre como manter a privacidade ou como dar solución a posibles atrancos de fluxo de información, de transparencia, de feblezas de velocidade, de saída e entrada nos diferentes operadores, etc. A consulta fica aberta ata o 15 de outubro. “Arestora, os consumidores non teñen unha auténtica capacidade de elixir nas ofertas de Internet, a idea é basear a consulta na elaboración de recomendacións que aumenten e aseguren as alternativas e poñan fin ás distorsións sobre a neutralidade da Rede en Europa”, fixo saber ao fío desta consulta a comisaria de Telecomunicacións, Neelie Kroes, a través dun comunicado.
A CE abre unha consulta pública sobre a xestión de Internet
Compartir Este Artigo
