Apple anunciou hoxe que a nova versión do seu sistema operativo para equipos informáticos, o OS X Mountain Lion, superou os 3 millóns de descargas en 4 días, converténdose no meirande lanzamento dunha versión de OS X na historia de Apple, o que parece consecuencia do seu axustado prezo (15,99 euros) e método de distribución (descarga a través da Mac App Store).
Entre as características de Mountain Lion está a aplicación iMessage, que facilita a comunicación en tempo real con outros ordenadores Mac e dispositivos con iOS (sería o sucesor de iChat); poderanse sincronizar os documentos entre Mac, iPhone e iPad a través de iCloud (incluíndo tamén ás aplicacións de Notas e de Recordatorios); o navegador web Safari renóvase con funcións como a de beliscar para amosar unha vista de pestanas e a posibilidade de acceder aos últimos sitios web visitados dende calquera dos nosos dispositivos de Apple grazas á sincronización en liña); un Centro de Notificacións semellante ao de iOS (que pode despregarse no lateral dereito da pantalla); integración con Twitter, Flickr e Vimeo para facilitar a compartición de documentos a través da Rede (Facebook tamén fará o mesmo no outono); o Game Center permite xogar en liña contra usuarios doutros dispositivos de Apple; permite facer espello da pantalla do ordenador a través de AirPlay; mellora a seguridade controlando as aplicacións descargadas da Rede que poden instalarse e incluso permite empregar o ditado por voz como sistema de introdución de texto (aínda que actualmente non está dispoñible en español, senón que haberá que agardar a unha actualización da que aínda non hai data).
Mountain Lion supera os 3 millóns de descargas en 4 días
Compartir Este Artigo

