En Twitter estamos afeitos a que cando unha palabra estea precedida polo símbolo da arroba esta identifique a un usuario, de xeito que tal expresión convértese nunha ligazón que leva ao seu perfil, mentres que se a palabra vai precedida dun cancelo indicaría que se trata dun hashtag, etiqueta que desencadearía unha busca en Twitter que pretende ser temática e, dende hai poucas horas, temos un novo tipo de ligazón automática en Twitter, que consiste en preceder co símbolo do dólar os identificadores bolsistas de compañías (v.gr., $AAPL para Apple e $GOOG para Google), que pretende facilitar o acceso a información tanto das empresas como das súas participacións no mercado.
Esta nova funcionalidade, alcumada por algúns como cashtag, anunciouse a través dun tuit oficial, e polo momento só está dispoñible a través da versión web de escritorio do servizo, agardándose que en breve chegue a plataformas móbiles e aplicacións que fan uso da API de Twitter. Estas novas etiquetas funcionan actualmente igual que os hashtags, pero é de agardar que nas vindeiras semanas poidan incluír información adicional como a cotización actual dos valores nos mercados bolsistas para reter aos usuarios en Twitter para consultar este tipo de información.
Twitter estrea etiquetas para identificar a empresas que coticen nos mercados bolsistas
Compartir Este Artigo
