Business Software Alliance (BSA) vén de informar de novas accións legais contra empresas galegas e asturianas por suposto emprego de software privativo sen previa adquisición de licenza de uso. No caso da nosa terra, a firma denunciada é Iceacsa Consultores, empresa de enxeñaría con sede en A Coruña, á que se lle imputa “unha reprodución non autorizada de programas de computador, cuxa valoración económica rolda os 250.000 euros”.
Segundo engade BSA, o pasado 24 de abril levouse a cabo un rexistro xudicial na sede da devandita empresa, durante o que se avaliou o contido de 66 computadores nos que, en palabras da organización, “detectouse software ilegal polo importe antes citado”. Sinalar que ámbalas partes chegaron finalmente a un acordo por danos, e tamén á obtención “das licenzas de software correctas”.
Polo que respecta a Asturias, trátase da firma Hipsitec, na que tamén se levou a cabo un rexistro e na que se atoparon copias de programas en seis computadores, por valor de 65.000 euros. Neste caso, tamén se chegou a un acordo de indemnización e á achega das licenzas pendentes.
Novas accións xudiciais de BSA na Coruña e máis en Oviedo
Compartir Este Artigo
