O Arquivo da Internet (The Internet Archive) é unha organización sen arela de lucro fundada en 1996 en San Francisco para crear unha biblioteca na Rede na que conservar e ofrecer a investigadores, estudantes e público en xeral numerosos contidos históricos e de dominio público en formato dixital e, para mellorar a dispoñibilidade de todo este material veñen de dar un paso moi interesante: distribuílo a través da rede de intercambio de arquivos BitTorrent.
Temos así un claro exemplo de que o P2P non serve só para intercambiar contidos protexidos por dereitos de autor, senón que é unha ferramenta moi axeitada para axilizar as descargas lexítimas de contidos de todo tipo. Agora, aparte de poder descargar os contidos do Internet Archive dende os seus servidores é posible facelo a través de BitTorrent, existindo xa máis dun millón ficheiros distribuídos a través desta tecnoloxía, entre os que figuran gravacións de concertos musicais, vellas emisións radiofónicas, clásicos do cine e moitas outras pezas audiovisuais que atopan en BitTorrent o xeito máis rápido de descargalos.
The Internet Archive aproveita a tecnoloxía P2P para distribuír os seus contidos
Compartir Este Artigo
