A PlayStation 3 está comezando a recibir unha nova aplicación de YouTube, que xa está dispoñible para os usuarios norteamericanos de balde dende a PlayStation Store, e que supón unha importante renovación desta ferramenta que axuda a ver os contidos de YouTube en pantalla grande e empregando os mandos da PS3.
Entre as novidades da aplicación está a posibilidade de atopar vídeos mediante unha ferramenta de busca que vai suxerindo resultados a medida que escribimos a nosa consulta, un acceso instantáneo ás canles ás que estamos subscritos en YouTube e incluso a posibilidade de empregar a aplicación dende o noso smartphone, de xeito que podemos empregar o móbil para manexar o vídeo en reprodución ou incluso para atopar o seguinte vídeo que queremos amosar na pantalla da PS3.
A nova aplicación de YouTube para PS3 pode manexarse dende o smartphone
Compartir Este Artigo

