
Segundo Alberto Martínez da Torre, “realizamos simulacións cun modelo hidrolóxico e de chans no cal incluímos unha implementación que simula a dinámica das augas subterráneas e a súa interacción coas zonas máis superficiais do chan”. Con estas simulacións, que se realizan empregando a capacidade de cálculo do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), “podemos estudar a influencia da capa freática e a súa posición nos fluxos de auga e calor entre terra e atmosfera, así como a influencia no clima cando axustamos o noso modelo aos modelos meteorolóxicos comunmente utilizados para predición climática”.
Martínez da Torre lembra que “normalmente esta influencia non está incluída en estudos climáticos e os nosos resultados apuntan á importancia da inclusión da dinámica de augas subterráneas nos modelos climáticos”. Máis en concreto, sinala o físico, “centrándonos na Península Ibérica atopamos zonas onde a capa freática está preto da superficie, nas que as augas subterráneas manteñen a humidade do chan en épocas secas”.
As augas subterráneas gardan memoria de secas e riadas, según unha investigación feita co apoio do CESGA
Compartir Este Artigo
