
As axudas, cun importe total en Galicia de 732.511 euros, están enfocadas a áreas fundamentais da cadea de valor do sector turístico como as reservas, a xestión da estanza, a mercadotecnia e a atención postvenda, ademais de servizos para potenciar a actividade dos seus negocios en Internet.
As subvencións estaban dirixidas a autónomos, microPEME e PEME de ata un máximo de 49 empregados, dentro do sector hoteleiro e de aloxamentos de turismo rural. O programa oferta aos beneficiarios tres tipos de solucións e servizos tecnolóxicos: – Solución de Xestión da Propiedade (PMS), que permita axilizar a operativa dun establecemento hoteleiro ou dun aloxamento rural, inclúe equipamento, instalación da solución e servizos asociados. – Servizos para mellorar a web a través da realización de contidos audiovisuais ou dunha auditoría en usabilidade, posicionamento e estrutura da información. – Servizos de mercadotecnia en liña coa elaboración dun plan estratéxico, a mellora da xestión de clientes, a adecuación das bases de datos á normativa vixente ou a reputación en liña da marca, entre outros.
Ademais da oferta de solucións e servizos tecnolóxicos, o programa complétase con 45 sesións de carácter eminentemente práctico no conxunto de Comunidades Autónomas ás que vai dirixido o programa. O seu principal obxectivo é ofrecer ás empresas as claves para a utilización das distintas canles de distribución a través da Internet, tanto de promoción coma de comercialización. Ademais, nos obradoiros, realizaranse sesións prácticas impartidas polas principais canles de busca e reserva a través de Internet (directorios e centrais de reserva) que foron seleccionados mediante un procedemento de convite público e, que, adicionalmente, colaborarán nas actuacións do programa.
Axudas para potenciar as TIC en 73 negocios hoteleiros e de turismo rural galegos
Compartir Este Artigo
