O novo logotipo de Microsoft busca adaptarse aos novos produtos da compañíaHoxe Microsoft está a sorprender dun xeito moi especial, pois vén de renovar o seu logotipo, xa presente na súa páxina web norteamericana, mentres que no espazo web español continúa a imaxe corporativa anterior, que levaba empregándose 25 anos, polo que queda claro que a compañía de Redmond está a prepararse para uns meses moi movidos nos que relanzarán a meirande parte dos seus produtos estrela. Deste xeito, ao ter un novo Windows, Windows Phone e Office, que xunto coa Xbox 360 están a apostar por unha estética minimalista, parece razoable que o logotipo da compañía mudase para ser acorde á nova aparencia do seu software. O anterior logotipo levaba 25 anos en usoO novo logotipo de Microsoft presenta o nome da compañía cunha nova tipografía (chamada Segoe) que é a que están a utilizar de xeito intensivo nos seus produtos e nas súas comunicacións, que estará acompañado por un símbolo consistente en 4 cadrados de cores que buscan representar a diversidade do catálogo de Microsoft e que lembra á anterior imaxe de Windows.
Vídeo de presentación do novo logotipo de Microsoft