Ruth Ríos durante a súa intervención na primeira edición do Foro UniredeVerbung Personal Branding organiza o vindeiro 2 de outubro no Hotel NH Obradoiro de Santiago de Compostela un obradoiro titulado Construye tu marca personal impartido polo coach e consultor de estratexia Manu Alber (con experiencia en multinacionais como Telefónica e Alcatel Lucent) e pola consultora de comunicación Ruth Ríos, e que mediante a interacción práctica entre oradores e alumnos busca formar sobre a creación dunha estratexia de marca persoal de xeito integral, resaltando a experiencia, coñecemento e habilidades do alumno, que rematará sabendo como trazar obxectivos, plans e técnicas para diferenciarse no mercado. O obradoiro dirixido a emprendedores, empresarios, executivos, directivos e profesionais que queiran deseñar unha marca de seu, inclúe 4 módulos acompañados de exercicios prácticos: definición de estratexia, marketing persoal online e offline, comunicación en público e imaxe. Esta actividade ten prazas limitadas e o seu prazo de inscrición remata o 26 de setembro, tendo un custo de 75 euros.