Moggridge nunha fotografía de 2010 en CopenhagueO sábado pasado faleceu en San Francisco aos 69 anos Bill Moggridge, co fundador da compañía de deseño IDEO e director do Museo Nacional de Deseño Cooper-Hewitt (dependente do Instituto Smithsonian), considerado un pioneiro no deseño orientado ás persoas e lembrado especialmente por ter deseñado o GRiD Compass, o avó dos ordenadores portátiles actuais, que saíu á venda en 1982 por 8.150 dólares (polo que posiblemente foi o ordenador persoal comercial máis caro da historia) e que chegou a empregarse nos transbordadores da NASA nas décadas dos 80 e 90. Moggridge foi recoñecido este mesmo ano como doutor honorario do California College of the Arts, en 2010 recibiu o Premio de Deseño Príncipe Philip e en 2009 a primeira dama dos EE.UU., Michelle Obama, fíxolle entrega dun Premio a toda unah vida nos Premios Nacionais de Deseño. O GRiDD Compass pode considerarse como un dos avós dos portátiles actuaisAínda que en distintos medios (principalmente de Reino Unido, de onde era natural Moggridge) aseguren que inventou o ordenador portátil moderno, estamos na obriga de comentar que tal concepto xa existía na década dos 60, o primeiro portátil comercial foi o IBM 5100 de 1975, e incluso o popular e icónico Osborne 1 de 1981 e o Dulmont Magnum precederon ao GRiD Compass de Moggridge. De todos os xeitos, estariamos a falar de precursores dos ordenadores portátiles tal e como os coñecemos, pois non adoptarían o seu formato actual ata 1988, cando chegaron produtos como o NEC UltraLite. Sería na década dos 90 cando se popularizarían este tipo de equipos, ata converterse no ordenadores de uso habitual e prezo asumible que temos agora.