
A directora da Escola, Sonia Rodriguez-Campos destacou que a EGAP como institución formativa pon a disposición da Deputación Provincial de Ourense a súa plataforma propia de teleformación, para realizar os cursos nesta modalidade, que dende o ano 2009 ofreceu máis de 25.000 prazas.
Rodríguez-Campos destacou que a teleformación converteuse nunha peza fundamental da xestión da formación da EGAP, chegando a supor o 60 por cento de todas as actividades, e este feito non incide só nunha maior eficiencia no uso dos recursos, senón que tamén ten un valor engadido fundamental ao facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e ao permitir realizar cursos a todas aquelas persoas con dificultades de acceso á formación presencial.
A EGAP colaborará coa Deputación de Ourense
Compartir Este Artigo
