San Francisco acolleu hoxe o evento TechCrunch Disrupt, destacando polo feito de que Mark Zuckerberg ía conceder alí a súa primeira entrevista dende a saída de Facebook ao mercado bolsista, sendo o propio Michael Arrington co que compartiu escenario. Se algo quedou claro en tal conversa é que hoxe o móbil está no punto de mira de Facebook, agardando que que pronto supere en ingresos publicitarios aos ordenadores e, de feito, actualmente hai preto de 1.000 millóns de usuarios de Facebook que acceden ao servizo a través do móbil.

Michael Arrington intentou arrincar a Mark Zuckerberg algúns datos sobre un futuro smartphone de Facebook, pero Zuckerberg insistiu en que non está nos plans da compañía facer tal, pois van nunha dirección totalmente distinta, pois non consideran que o hardware sexa a solución que están a buscar, pois o seu negocio non é o de Apple. Facebook busca construír un sistema que estea integrado do xeito máis profundo posible en todos os dispositivos móbiles, e como exemplo citou que “a integración con iOS 6 fará as cousas máis doadas para os desenvolvedores para integrase con nós”. En calquera caso, quedou claro que dende Facebook teñen moi claro que o futuro é móbil.
Mark Zuckerberg confirma a aposta de Facebook polo móbil
Compartir Este Artigo
