
Como curiosidade, Bara tamén informou de que a estatua que representa ao Android 4.1 Jelly Bean no Campus de Google xa está de volta despois de certas reparacións que tiveron que facerlle despois da estrea da última versión do sistema operativo móbil promovido pola compañía de Mountain View.
Actualmente a versión de Android máis empregada é a 2.3, pero nos últimos meses o Android 4.0 comezou a medrar, converténdose practicamente na única opción aceptable para tablets e para móbiles de alta gama, aínda que á súa versión mellorada, a 4.1, estalle a custar un pouco arrincar, pese a incluír grandes melloras de rendemento.
Android supera os 500 millóns de dispositivos activados
Compartir Este Artigo
