A Pantín Classic é unha das grandes experiencias de surf da costa do Atlántico, unha cita para os mellores deportistas do momento. De feito, estamos nada máis e nada menos que ante un Campionato do Mundo (World Qualifying Series). Isto a nivel deportivo. Pero tamén hai chicha a nivel tecnolóxico e dixital. Máis polo miúdo, a través de PlaySation, patrocinador do certame, que ata o 16 de setembro amosará a súa “experiencia portátil na costa galega co obxectivo de procurar novos talentos na especialidade deportiva”.
De feito, PS Vita premiará ao mellor surfista sub-18 da clasificación xeral en categoría masculina e feminina. Os gañadores recibirán un sistema de lecer portátil PS Vita e máis un cheque por valor de 750 euros. “Todos os asistentes á competición”, informan fontes da compañía, “poderán comprobar en virtude da presenza da consola que existe unha maneira diferente de xogar en calquera lugar e en calquera intre”. Os espectadores terán ao seu alcance o catálogo de títulos e aplicacións exclusivas para “o revolucionario sistema de lecer portátil”.
PlayStation Vita amosa no campionato de surf de Pantín a súa experiencia de lecer portátil
Compartir Este Artigo
