
Este peche resulta un tanto rechamante se temos en conta que España está a ser o país no que Motorola ten mellores vendas en toda Europa, superando aos países nos que van manter sedes, rexistrando un importante incremento en vendas, grazas en boa medida pola boa acollida que está a ter o Motorola RAZR MAXX (que converteu a súa elevada autonomía e grande tamaño de pantalla en elementos chave para atraer aos usuarios).
Ao parecer, dende Google non están interesados nos negocio de telefonía móbil que comprende aos terminais de gama media e baixa, senón que buscan directamente competir co iPhone de Apple, o que será visible o ano que vén, cando agárdase que Motorola lance só 2 terminais de gama alta.
O peche de Motorola Mobility en España sorprendeu e incluso molestou aos operadores de telefonía móbil, que en moitos casos pechan acordos de comercialización de terminais a nivel europeo, polo que perder as filiais locais da compañía suporía un grande atranco, que podería levar á súa negativa de comercializar entre os seus clientes os móbiles de Motorola no futuro.
No tocante aos clientes actuais da compañía, en cumprimento coa lexislación vixente, agárdase que a partir do mes de xaneiro conten cunha segunda compañía para atender a garantía dos produtos de Motorola adquiridos con anterioridade.
Motorola Mobility pechará as súas oficinas en España este ano
Compartir Este Artigo
