
A finalidade da Sociedade Estatal é “favorecer a migración cara a un novo modelo de medre turístico en España baseado na creación, desenvolvemento e consolidación de empresas e destinos turísticos intensivos en innovación e coñecemento, que permitan crear novos mercados e nichos de negocio, así como expandir os existentes cara a aqueles segmentos de meirande valor engadido en rendibilidade económica e ambiental”.
O catro piares de actividade de SEGITTUR son as novas tecnoloxías da información e a comunicación, a innovación, o apoio aos emprendedores, así como a exportación do know-how turístico. Co fin de dar acubillo aos novos empresarios do sector, poranse en marcha varias accións ligadas á atracción e retención do talento, unha xanela única turística e diversos programas de financiamento.
Santiago acolle o día 21 unha xornada sobre as canles de innovación turística de SEGITTUR
Compartir Este Artigo
