Hai xa máis de 3 anos o xornalistas Ignacio Escolar, ex director do diario Público, avanzara nunha mesa redonda que ía lanzar un novo medio dixital baixo o dominio eldiario.es, e no presente ano retomou a idea, e esta mañá abriu as súas portas virtuais eldiario.es, publicación en liña que co lema de “periodismo a pesar de todo” quere ocupar un espazo que consideran que quedou baleiro, achegando información e análise co foco posto na política e na economía no seu sentido máis amplo.
O director de eldiario.es, Ignacio Escolar, asegura que a principal aposta do novo medio é o xornalismo, asegurando que con esta nova cabeceira un grupo de profesionais do sector xuntáronse coa aspiración de “mercar a súa liberdade” sendo donos da redacción na que traballan e garantir así a súa independencia editorial.
Para poder manter este novo medio aseguran que a publicidade non é suficiente, polo que animan aos lectores a asociarse, pagando 5 euros ao mes para manter o medio e permitirlle medrar.
Para fornecer de contidos este novo espazo en liña, tamén está dar acubillo a varios blogs, que nalgún caso xa tiñan anos actividade, polo que buscan achegar as súas comunidades de lectores a eldiario.es, á vez que potenciar o achegamento aos lectores.
Bota a andar a publicación dixital eldiario.es
Compartir Este Artigo
