Este luns as participacións de Apple no mercado bolsista superaron os 700 dólares, o que supón un crecemento do 73% durante o presente ano e case dobrar a cotización de hai 12 meses. Enténdese que o lanzamento do iPhone 5 o vindeiro venres é o que está a disparar a cotización bolsista da compañía ata un máximo de 701,79 dólares (aínda que pechou o día a 699,78 dólares) pois agárdanse vendas record, e xa conta con grande volume de reservas.
Como vén a ser habitual, xa hai xente facendo cola na tenda de Apple na Quinta Avenida neoiorquina, e ante o volume de reservas recibidas nos EE.UU. os novos encargos vía web non serán atendidos ata o 28 de setembro, o que indica que nas primeiras semanas de comercialización do novo smartphone haberá problemas para atender a demanda.
O lanzamento do iPhone 5 eleva ás accións de Apple sobre os 700 dólares
Compartir Este Artigo
