O Cluster TIC celebra o vindeiro 2 de outubro a súa asemblea xeral extraordinaria. O punto de central do día, a debater polos socios, é principalmente a vindeira elección á presidencia da entidade, logo de que o cargo de presidencia, que viña ocupando Gerardo Crespo, ficase vacante (e de que Antonio R. Del Corral asumise en xuño a presidencia en funcións). A xuntanza desenvolverase no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA, San Lázaro 107, Santiago de Compostela) e dará comezo ás 16:30 horas, segundo a primeira convocatoria, ou ás 17 horas, en segunda convocatoria.
A asemblea iniciarase coa lectora e aprobación, en caso de que proceda, da acta da asemblea xeral extraordinaria previa, para pasar, de contado, a abordar o proceso de eleccións á presidencia. Para isto, conformarase a mesa e achegarse un tempo para que cada candidato faga a exposición dos seus obxectivos e propostas. Logo, levarase a cabo a votación e o escrutinio dos votos, co cal resolverase a elección do novo presidente e nova directiva. A asemblea pecharase tras unha quenda de rogos e preguntas.
O Cluster TIC de Galicia celebra o 2 de outubro asemblea xeral extraordinaria
Compartir Este Artigo
