
Entre os fallos da nova aplicación de mapas está a ausencia de numerosas vilas de todo o mundo, o incorrecto posicionamento de numerosas localidades, un criterio para priorizar os resultados de busca difícil de xustificar… e iso sen mencionar que carece do acceso ao inmenso volume de datos cos que contaba Google e do servizo Street View (moi útil á hora de localizar un destino dunha vila que non coñecemos).

A experiencia de uso entre a nova aplicación e a anterior é notable, como amosan nun vídeo en Gizmodo, de xeito que a ferramenta de Apple non só ten peores datos, senón que tamén é máis lenta e ten unha peor usabilidade, de aí que xa hai moitos usuarios esperando a que, ao igual que aconteceu coa aplicación de YouTube, nos vindeiros días chegue á App Store unha aplicación de Google Maps (que coméntase que xa foi remitida á App Store para a súa aprobación). De non ser así, Apple estaría a cometer un erro comparable ao Antennagate, que afectaría seriamente á súa reputación, pois aínda que resulta evidente que mudou a aplicación de mapas para desligarse o máximo posible de Google (por ser Android o seu principal competidor no ámbito móbil), dende a compañía de Cupertino non paran de anunciar as bondades da nova ferramenta (pese a que durante a súa fase de probas xa foi moi criticada, resultando notables as súas carencias).
Fortes críticas ao mal funcionamento da aplicación de mapas de iOS 6
Compartir Este Artigo

