A empresa de servizos de impresión MOO, especializada na creación de tarxetas de visita de distintos formatos e outros produtos semellantes (tarxetas de felicitación, adhesivos e postais) continúa na súa senda de innovación e anuncia que está a preparar unha tarxetas de visita que non só están impresas por ambas caras, senón que tamén aproveitan o seu interior para achegar máis información por integrar un pequeno microchip NFC, de xeito que ao tocar a tarxeta cun móbil que conte con esta tecnoloxía poderíanse disparar procesos no móbil como cargar unha páxina web, reproducir música ou vídeo, descargar o portafolios de traballo do propietario da tarxeta (completando así a información que figura na mesma) e moitas outras funcións que iremos vendo cando estas orixinais tarxetas cheguen ao mercado.

Vídeo de presentación das tarxetas de visita con NFC propostas por MOO
MOO quere integrar chips NFC nas súas tarxetas de visita
Compartir Este Artigo
