O Centro Demostrador TIC inicia o mes de outubro con tres actividades dirixidas a autónomos, emprendedores e xestores de departamentos de tecnoloxías da información. A primeira actividade será o martes 2 de outubro, cunha sesión demostradora a cargo da empresa Oracle baixo o título Obteña o Máximo da súa Base de datos Oracle: Oracle Database 11g Release 2.
O obxectivo da sesión é presentar unha plataforma que permite, aos departamentos de tecnoloxías da información, entregar máis información cun servizo de maior calidade, así como optimizar o uso dos seus orzamentos e reducir o risco dos cambios nos centros de datos.
Durante a xornada diversos poñentes expertos de Oracle, presentarán o produto Oracle Grid Infrastucture, a través de exposicións prácticas e a experiencia real dun cliente. Asemade, durante a sesión amosaranse os métodos máis eficientes para migrar desde versións previas así como as mellores prácticas para sacar partido de estas novas funcionalidades

Por último, o día 9 de outubro Telefónica presentará en Galicia o proxecto Wayra, unha iniciativa orientada ao emprendemento TIC que xa ten recorrido en España e Latinoamérica. Durante a presentación, Gary Steward, director xeral de Wayra e Josep Amoros, director da Academia Wayra de Madrid, esbozarán as claves do proxecto, que nace coa intención de identificar talentos no campo das TIC e impulsar o seu desenvolvemento a través dun apoio integral na xestión do proxecto e dotando aos emprendedores das ferramentas de financiamento necesarias.
A asistencia a todas as actividades é de balde, condicionada ao aforo do local e previa inscrición en liña a través do portal web do Centro Demostrador TIC.
O CDTIC dá conta das súas actividades para a primeira quincena de outubro
Compartir Este Artigo
