
Nestes días, os candidatos que optan á presidencia do Goberno da Xunta de Galicia recibirán cadansúas cartas asinadas polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, nas que -ademais de solicitar un encontro persoal cos distintos líderes- se recollen as seguintes propostas:
· O apoio inequívoco desde a Xunta de Galicia ao sector TIC galego, aproveitando o capital humano formado no sistema universitario galego e fomentando o emprendemento.
· Afondar nas iniciativas dirixidas á incrementar a modernización tecnolóxica en ámbitos clave como son a sanidade, a educación e a xustiza.
· Open Data e eGoberno: medidas de apertura cara á cidadanía, dentro do contexto do Open Data e eGoberno, co fin de facilitar a participación cidadá na construción da sociedade do futuro e na toma de decisións mediante ferramentas como as redes sociais, entre outras.
· Creación dunha Axencia Autonómica de Protección de Datos que tamén estea dirixida a potenciar os beneficios do Open Data, baseado na liberación de datos co fin de propiciar o seu uso.
· Creación do Observatorio do Sector do Software e Servizos informáticos de Galicia.
· Acceso á función pública: creación dun corpo específico para a profesión de enxeñeiro/a en informática nas Administracións autonómica e local.
En opinión do CPEIG, “a incorporación das iniciativas mencionadas aos programas electorais e, con posterioridade, a súa materialización dentro da acción de goberno do futuro executivo suporá un paso adiante no progreso e concorrencia de Galicia”.
Os enxeñeiros galegos en Informática achegan as súas propostas aos partidos políticos
Compartir Este Artigo
