Dende primeiros de 2011 vimos dando conta da creación do proxecto en liña PéZcalo.es, que non cesa de evolucionar, e tras varios meses de traballo vén de estrear un redeseño completo para dar lugar a un espazo máis intuitivo, actual e práctico para todos os usuarios, que entre as principais vantaxes que incorpora destaca a facilidade coa que podemos atopar produtos filtrando características ata conseguir chegar ao resultado máis axustado ás nosas necesidades.
O proceso de compra tamén simplifícase e xa non é preciso entrar na ficha dun produto para engadilo á cesta da compra, e as operacións de confirmación de compra, selección de modo de pagamento e introdución dos datos de envío pode agora facerse dende unha única pantalla. Atendendo ás suxestións dos usuarios desta plataforma de comercio electrónico, incorporouse como método de pagamento o contra reembolso.
Lembremos que PéZcalo.es non busca só ser unha tenda en liña, senón que tamén busca converterse nunha web de referencia a nivel estatal do mundo da pesca, de aí que realice unha firme aposta polas plataformas sociais como Facebook e Twitter, nas que ten 4.878 e 3.263 seareiros respectivamente, que vense complementadas polo blog Coto de PeZca, que conta xa con 16 colaboradores e recibe máis de 2.000 visitas diarias.
PéZcalo.es renóvase mellorando a súa usabilidade
Compartir Este Artigo
