Os encontros ordinarios de Iniciador Galicia retoman a súa actividade o vindeiro día 25 ás 19:00 horas na Escola de Negocios NovaCaixaGalicia na Coruña, contando nesta ocasión co relator Miguel Barreiro, co fundador de LambdaStream e Syntheractive que compartirá a súa experiencia emprendedora con outros profesionais e emprendedores do sector tecnolóxico galego.
Barreiro participou na creación da spin-off da Universidade da Coruña LambdaStream en 2003, proxecto que deixou en 2010 para emprender outro proxecto semellante, Syntheractive, que ofrece canles de televisión interactivas a operadores de cable, sen deixar a súa actividade investigadora no CITIC.
A asistencia a este evento é de balde previa inscrición (para prever o número de asistentes). Os organizadores do mesmo tamén darán conta das novidades coas que Iniciador Galicia contará durante o curso 2012-2013.
Miguel Barreiro inaugurará na Coruña o novo curso de Iniciador Galicia
Compartir Este Artigo
