O pasado sábado celebrouse nas aulas Fonseca e Mazarelos do Centro Social Novacaixagalicia en Santiago de Compostela a primeira BlackBerry Jam Session organizada en Galicia, evento que viña a ser unha especie de maratón de programación que durante 12 horas (10 efectivas) pretendía que os 30 participantes aprendesen e practicasen creando aplicacións co apoio de especialistas, sendo a plataforma para a que desenvolver a futura BlackBerry 10, para o que podían elixir entre diferentes tecnoloxías (HTML5, JavaScript, Cascades, QT…).

30 desenvolvedores competiron nunha hackaton en Compostela o pasado sábado
Compartir Este Artigo
