A Asociación Multisectorial TIC de Galicia, INEO, vén de renovar a súa Xunta Directiva. Os socios da organización avalaron, na Asemblea celebrada en Vigo, a candidatura presentada para elixir seis novos vogais, dos dez membros que compoñen a Xunta Directiva de INEO.
Forman parte da Xunta Directiva Juan Carlos Pérez Suárez (Activo Comunicaciones), Carlos Díaz Méndez (Crossnet Ingeniería y Sistemas), Giovanni Giardina Fernández (Estudios Mega), Carlos Conde Gil (Ingeniería de Software Avanzada S.A.), Carlos Abal Valverde (Open Soft Servicios Informáticos) e José Antonio Román Jiménez (Sivsa Soluciones Informáticas).
Os novos membros da Xunta Directiva de INEO únense ao equipo formado por Jorge Cebreiros Arce (Info JC) como presidente, Enrique Pérez Barros (Saec Data) como vicepresidente, César Blanco (Academia Postal) como secretario-tesoureiro e Carlos Suárez (Edisa) como vogal.
Durante os dous vindeiros anos, a Xunta Directiva de INEO impulsará as liñas de traballo marcadas no Plan Estratéxico de INEO 2010-2014, que precisamente este ano atópase no seu ecuador e ten como principal obxectivo a potenciación do crecemento das empresas asociadas.
Actualmente, INEO conta con 68 empresas asociadas (un número que se mantivo máis ou menos constante nestes anos), cunha facturación global que supera los165 millóns de euros e cun equipo composto por máis de 2.000 profesionais (isto é, un 13,5% do emprego xerado por todo o sector TIC en Galicia).
INEO renova a súa Xunta Directiva
Compartir Este Artigo
