
O salón, a desenvolver na vindeira ponte da Constitución, ten o seguinte obxectivo: reunir ás novas xeracións da nosa terra, así como ás súas familias, “nunha inmensa aula de lecer con todo tipo de actividades de lecer á súa disposición, conxugando divertimento con formación”.
O deporte e a cultura serán os protagonistas do encontro, como dixemos, pero tamén haberá un importante espazo de actividades reservado para as novas tecnoloxías na Área Formativa. Lembrar, para facernos unha idea do alcance e repercusión do salón entre a nosa mocidade, que o ano pasado Expourense conseguiu reunir a case 11.000 persoas, unha cifra que segundo fai saber a organización racha récords de participación no panorama de feiras e congresos galegos de lecer.
A tónica deste ano será a mesma cá das anteriores edicións (mesturar xogos e actividades tradicionais con accións de ciberaulas e áreas específicas de videoxogos), aínda que facendo máis fincapé na formación e máis no intercambio de coñecemento.
Megaxove xuntará un ano máis o lecer tradicional e o dos novos tempos dixitais
Compartir Este Artigo
