O proceso xudicial que determinara que Samsung tería que pagar 1.051.885.000 dólares a Apple por ter violado a súa propiedade intelectual con varios dos seus dispositivos está a evolucionar de xeito que podería rematar nunha sanción moi inferior do anunciado anteriormente pois a patente de Apple nº 7.469.381, que supostamente infrinxirían os 21 móbiles de Samsung denunciados na mencionada causa, podería ser inválida segundo investigacións da Oficina de Patentes e Marcas dos EE.UU. que atoparía unha publicación anterior que detallaría o patentado, e aínda que a decisión de invalidar a patente non é firme, de ser así tería un grande impacto no proceso de apelación que se desenvolverá nos vindeiros meses.
Unha das principais patentes do xuízo de Apple contra Samsung podería quedar invalidada
Compartir Este Artigo
