
Asemade, intervirá na apertura de actividades a directora en funcións da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira. A previsión é a de reunir no Gran Hotel da Toxa a máis de 300 profesionais do sector das telecomunicacións e das novas tecnoloxías da información (enxeñeiros, asociacións sectoriais, empresas, institucións públicas e privadas, etc.).
O acto descorrerá segundo o seguinte
PROGRAMA
20:00 h. Recepción de convidados
20:15 h. Recepción de autoridades no Gran Hotel A Toxa
20:30 h. Set de prensa- photo call (vestíbulo do hotel), comparecencia ante os medios de comunicación, fotografías cos premiados e breve declaración.
Orde de intervencións:
– Palabras de benvida por parte do decano do COETG
– Intervención do presidente en funcións da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
21.00 h. Comezo da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012
21:05 h. Acto de presentación das Smart Cities, a tecnoloxía ao servizo dos cidadáns.
21:10 h. Entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012
– Premio Enxeñeiro Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC 2012
– Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral Aplicada ao Sector TIC 2012
– Premio INEO ao Produto ou Servizo TIC máis innovador de 2012
– Premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais outorgado pola AETG e impulsado pola AMTEGA
– Enxeñeiro do Ano
21.35 h. Cea de gala
Arredor de 300 profesionais participarán este venres na Noite Galega das Telecomunicacións
Compartir Este Artigo
