Aínda que a compañía que acapara máis titulares cos seus móbiles e tablets sexa Apple, hai tempo que o Android de Google colleu velocidade, de xeito que actualmente xa domina de xeito rotundo as vendas de smartphones e vai camiño de facer o mesmo en volume de aplicacións, pois veñen de asegurar que actualmente Google Play hai 700.000 aplicacións, de xeito que a tenda de aplicacións e xogos de Google igualaría á App Store de Apple, e non sería de estrañar que en poucas semanas Google liderase grazas ao pulo que Android colleu nos dous últimos anos.
Por sorte para Apple, non ámbito dos tablets Android non está a avanzar ao mesmo ritmo que nos smartphones, e mentres que Apple presume de ter máis de 275.000 aplicacións adaptadas ao iPad, o volume de aplicacións optimizadas para tablets con Android aínda é ridículo, o que agardan corrixir grazas a dispositivos como os Nexus 7 e 10 ou o Kindle Fire HD, que coa súa popularización instarían aos desenvolvedores a pensar que Android vai máis aló dos móbiles.
Android supera as 700.000 aplicacións
Compartir Este Artigo
