O programa Banda Ancha da Radio Galega, galardoado recentemente cun Premio INNOVA-G, continúa co seu labor de difusión da tecnoloxía en Galicia, polo que este sábado a partires das 15:00 horas realizará un repaso da actualidade da semana grazas á colaboración de Código Cero, aproveitando a ocasión para conversar co emprendedor Alberto Basalo, quen explicará o seu novo proxecto empresarial (Docuralia).
Para completar o programa convidouse ao presentador da Televisión de Galicia Xosé Ramón Gayoso, para que comparta coa audiencia da Radio Galega os seus primeiros contactos coa informática e a Internet, así como o uso que actualmente fai da tecnoloxía, o que poderá sorprender a moitos dos espectadores do Luar, alleos da proximidade do popular condutor televisivo ás posibilidades que abren as TIC a calquera cidadán, tanto para relacionarse como para o seu tempo de lecer.
O Ghaioso máis tecnolóxico visita o programa Banda Ancha da Radio Galega
Compartir Este Artigo
