Este mércores 7 de novembro comeza en Vigo, nas instalacións de SeForma (rúa Areal 68), unha actividade-obradoiro dirixida a abordar as temáticas e recursos precisos, básicos, para pór en marcha unha iniciativa empresarial innovadora. A acción, de carácter práctico e en horario de 16 a 19 horas (tódolos mércores do mes), vén da man de AJE Vigo e inclúe o seguinte programa: Taller de Marketing (imaxe corporativa, estratexia de comunicación), Taller de Xestión (IVE, retencións, seguridade de social), Taller de Subvencións para emprendedores e Taller de Rede Sociais.
Este último, o que máis nos toca de preto, diríxese a afondar nas vantaxes e segredos das ferramentas 2.0 de comunicación, promoción e traballo en mancomún, achegándose os motivos principais para empregalas e facendo un percorrido exhaustivo polas principais de cara ao emprendemento: Facebook, Twitter e Linkedin. A actividade Taller de Habilidades Directivas AJEGALICIA será de balde para os membros da asociación. Os profesionais alleos terán que aboar 75 euros.
Os mércores de novembro, obradoiros de marketing e redes sociais en Vigo para emprendedores
Compartir Este Artigo
