
As sesións teñen unha duración de tres horas e centraranse nas posibilidades que buscadores e canles de reserva online ofrecen ao negocio hoteleiro para aumentar e automatizar o seu sistema de reservas. Ademais, os asistentes aprenderán a mellorar a reputación online das súas empresas.
Os empresarios interesados xa poden informarse a través da web. Todas as xornadas terán lugar en horario de tarde e impartiranse no edificio de Formación da Cámara Oficial de Comercio de Lugo (13 de novembro), na sede da Asociación de Empresarios de Hostalaría de Santiago de Compostela (14 de novembro), na Confederación Empresarial de Ourense (15 de novembro), na Escola de Hostalaría Álvaro Cunqueiro da Coruña (27 de novembro), na Confederación de Empresarios de Pontevedra (28 de novembro) e no Pazo de Cultura Emilio Pardo Bazán de Sanxenxo (29 de novembro).
Os obradoiros están dirixidos por un experto do sector turístico especializado neste tipo de solucións tecnolóxicas, ao que acompañan representantes das empresas colaboradoras preferentes no proxecto: RuralGest, Tripadvisor, Trivago e Rusticae.Outros colaboradores da iniciativa son: AFECO, AUTURAL, Global Booking.es, o2c e P&S Consultoría.
Aloxamentos conectados conta tamén coa colaboración da Sociedade Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas (SEGITTUR), tamén dependente do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo que traballou conxuntamente con Red.es na definición do Programa e prestará apoio na súa difusión entre as empresas obxectivo do mesmo. Conta tamén co apoio da Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos (CEHAT) que representa a 64 asociacións hoteleiras de ámbito local ou provincial repartidas por toda a xeografía española.
AMTEGA e Red.es colaboran na potenciación do sector hostaleiro galego na Internet
Compartir Este Artigo
