Envolta nunha polémica polo excesivo orzamento da súa renovación, hoxe estréase a nova páxina web do Senado, que promete potenciar a comunicación coa sociedad, tendo como principais obxectivos a publicidade dos traballos parlamentarios, a transparencia e a participación cidadá.
Con este novo espazo o Senado tamén estrea presenza en Twitter, para facilitar a comunicación e a participación dos cidadáns, informar da actividade da Cámara e responder a dúbidas e solicitudes de información dos usuarios da plataforma creada por Mark Zuckerberg.
Entre as funcionalidades da páxina web continúan a ofrecerse emisións en directo das sesións plenarias e das comisións que se celebran na Cámara Alta. Tamén conta cun potente buscador interno, unha visita virtual ás súas instalación e incluso unha sección para achegarse aos mozos chamada O Pequeno Senado.
Outro detalle a ter en conta na nova páxina web é que está dispoñible en inglés, español, catalán, éuscaro e galego, aínda que a tradución parece polo momento limitada ás seccións fixas, mentres que os contidos de actualidade figuran só en español.
O Senado renova a súa páxina web
Compartir Este Artigo
