
Mar Pereira e Javier Rodríguez Seijo reuníronse para identificar proxectos prioritarios nestas materias, que no actual período 2007-2013 recibirán un financiamento superior aos 140 millóns de euros. En concreto, 50,5 para infraestruturas de telecomunicación, 13,3 para solucións tecnolóxicas, 72,7 para Servizos e Aplicacións aos Cidadáns e 4,7 para Servizos e Aplicacións a pequenas e medianas empresas.
Entre as actuacións clave que puxeron enriba da mesa no marco do FEDER, están o desenvolvemento de infraestruturas de nova xeración para crear emprego e contribuír a mellorar a produtividade e a competitividade, así como as aplicacións de administración electrónica co fin de potenciar a innovación, a modernización e o acceso a estes servizos por parte dos cidadáns, incluídos os colectivos máis afectados pola fenda dixital e as persoas con discapacidade.

Pola súa banda, e no marco do FEADER, a prioridade para o período 2014-2020 é mellorar a accesibilidade, o uso e a calidade das TIC nas zonas rurais, facéndoas accesibles a todos. Para iso, levaranse a cabo accións de creación, mellora e expansión da infraestruturas de banda larga, así como aplicacións e servizos en apoio da sustentabilidade e a competitividade das zonas rurais e da agricultura e a transformación dos alimentos.
Do mesmo xeito, abordouse a conveniencia de dotar dun contido dixital permanente para o desenvolvemento do medio rural e de promocionar a competencia dixital fóra dos sistemas de ensino convencionais entre os agricultores, os xestores forestais e as empresas rurais.
A Xunta comeza a planificar o seu apoio ás TIC en Galicia ata o ano 2020
Compartir Este Artigo
