A compañía coruñesa de consultoría informática Openinnova, especializada en solucións de software libre, vén de incorporar ao seu catálogo de servizos para os seus clientes a aplicación web de facturación en liña Siwapp, de xeito que pequenas empresas e autónomos poderán gozar dunha facturación e contabilidade ordenadas, seguras e rápidas, á vez que dispoñibles en calquera lugar onde haxa acceso á Rede.
Siwapp é unha aplicación web de código aberto que facilita a creación e administración de facturas dun xeito áxil e sinxelo, cunha interface de uso coidada e atractiva, deseño altamente funcional e orientado á produtividade. Permite dende administrar facturas con números de seire distintos (como facturas de rectificación) ata obter versións das facturas en PDF para unha impresión cun deseño profesional. Tamén permite a automatización de facturas periódicas, cúmpre cos requisitos legais de privacidade e confidencialidade, permite realizar copias de seguridade en calquera momento e conta cunha crecente comunidade para darlle soporte, elementos que garanten esta solución que Openinnova está a promover entre os seus clientes corporativos.
Openinnova ofrece aos seus clientes unha aplicación web de facturación baseada en software libre
Compartir Este Artigo
