
A Plataforma Global de Vídeo, co soporte de Mediaroom, fará que os seus clientes teñan á súa disposición diferentes servizos de televisión cunha ampla variedade de funcións, tanto a través das súas redes de banda ancha de alta velocidade como a través de redes de banda ancha non xestionadas (over-the-top). Esta novidade consta dunha serie de servizos de televisión e funcións da mesma, como o control da emisión en directo (timeshifting) e a extensión do servizo a outras pantallas (multipantalla), entre outras cousas.
En resumo, este pacto centrado na Plataforma Global de Vídeo de Telefónica quere ampliar a colaboración no eido do lecer de vídeo e televisión ben en pantallas fixas dende a casa, ben en pantallas de dispositivos móbiles, fóra do fogar. Engadir que os ditos servizos estarán a disposición dos usuarios mediante varios dispositivos: descodificadores de televisión, consolas Xbox 360, tabletas e smartphones.
