
Mar Pereira situou o comercio electrónico como un dos instrumentos para conseguir este obxectivo e destacou que dispor de acceso e presenza na Internet constitúe un elemento clave para que as empresas galegas poidan abrirse ao mundo e dar visibilidade ao seu negocio así como un factor imprescindible de subsistencia.
Neste sentido, a directora da AMTEGA recordou que segue a existir importante diferenza entre as empresas de máis de 10 empregados e as micro empresas en canto a conectividade e presenza na Rede, aínda que últimos dous anos reduciuse de xeito notable segundo o último informe sobre a penetración das TIC nas empresas galegas elaborado polo OSIMGA.
No período 2010-2012, a contratación de Internet nas micro empresas experimentou un incremento do 17,6%, superando o ritmo de crecemento estatal (12,2%). A día de hoxe a porcentaxe de micro empresas con conexión a Internet contratada sitúase no 75% e o 29% contan con páxina web. En canto ás empresas de máis de 10 empregados, a práctica totalidade teñen conexión a Internet e o 70% dispoñen de web. Para a directora de AMTEGA estas cifras indican unha mellora substancial no proceso de dixitalización das PEME aínda que queda camiño por percorrer para adaptarse aos requirimentos dunha contorna cada vez mais dixital e interconectada.
Mar Pereira defende o papel do comercio electrónico nas empresas galegas
Compartir Este Artigo
