
Manuel Corredoira, director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, foi o encargado en representar a Consellería na cerimonia de entrega da IV Edición dos Premios Megisterio aos Protagonistas da Educación, onde recoñeceuse o labor educativo dunha decena de actuacións.
Este curso ABALAR chega ao seu terceiro ano de implantación, chegando a máis de 44.000 estudantes de 535 centros Abalar de toda Galicia, de xeito que xa chegou ao 50% dos centros escolares onde se imparte educación primaria e secundaria obrigatoria.
Outros galardóns
Aparte das estratexia de implantación das TIC no ensino da Xunta de Galicia, nesta edición dos Premios foron galardoados a World Innovation Summit for Education (WISE), iniciativa global que promove as boas prácticas en todo o mundo; o Proxecto Superpadres, que acompaña aos proxenitores durante todo o proceso educativo dos seus fillos; e Micropolix, unha alternativa lúdica para educar. Así mesmo, resultaron tamén galardoados o programa Prensa-escuela La Voz de la Escuela, do Grupo Voz; e a FP Dual Alemia, pola súa capacidade para mellorar a empregabilidade dos máis novos.
No que toca a institucións. foron premiados os diferentes programas educativos para a integración a inclusión e a normalización desenvolvidos pola ONCE; o Instituto de Ensino a Distancia de Andalucía (IEDA), polo seu apoio á formación ao longo da vida; e a Federación Down España, polo seu extenso labor educativo a prol da integración do alumnado con necesidades educativas especiais. Con carácter individual, Magisterio outorgou un dos seus galardóns anuais a Sir William Atkinson, como referente de liderado educativo que conseguir que o instituto Phoneix High School pasara de ser un centro con altísimas taxas de abandono, a ser un dos institutos máis valorados do Reino Unido.
Asemade, a publicación concedeu dúas mencións especiais, unha ao colexio Ponce de León (Madrid), referente na educación de alumnas e alumnos con dificultades auditivas; e á docente Victoria Subirana, fundadora de Pedagoxía Transformadora, polo traballo realizado para a educación de rapaces con poucos recursos en Nepal.
