
Estes proxectos teñen o común denominador da innovación ou da investigación en novos materiais biotecnolóxicos e novas tecnoloxías da información en diferentes eidos (este último, o ámbito temático que nos ocupa). Un exemplo deste eidos a tratar é o da saúde, que é onde se insire a plataforma Servando, un sistema de monitorización docimiciliaria de pacientes empregando teléfonos móbiles intelixentes que dirixe o doutor Paulo Félix. No proxecto, informa a USC, “tratarase de validar o uso desta plataforma para levar a cabo a monitorización na casa de doentes con insuficiencia cardíaca e demostrar que o seu uso reduce tanto o número de hospitalizacións como a estancia media no hospital deste tipo de pacientes”. Nesta liña tamén se incluíu un proxecto coordinado polo doutor Justo Arines, a través do cal validarase nun entorno hospitalario a capacidade de mellorar imaxes médicas mediante a aplicación da técnica de procesamento de imaxe Wavefront coding e permitir aumentar as posibilidades dun diagnóstico temperá.
A USC impulsa nove proxectos tecnolóxicos para engraxar a maquinaria galega da transferencia
Compartir Este Artigo
