
Sinalar que o premio ao que aspira agora A Coruña vén da man da Secretaría Xeral de Ciencia e Tecnoloxía, departamento da Administración central que aprobou con resolución do 5 de novembro de 2012 a convocatoria para a concesión da distinción Cidade da Ciencia correspondente a 2012, resolución que se dirixe, en termos xerais, a destacar proxectos directamente relacionados co pulo á ciencia, a innovación, o I+D e a divulgación científica.
A convocatoria do premio Cidade da Ciencia e a Innovación contará este ano coa candidatura da Coruña, impulsada polo propio Concello coa finalidade de que se recoñeza o labor desenvolvido no municipio a prol do devandito esforzo de difusión.
O Goberno local está a solicitar o apoio das organizacións e colectivos locais á candidatura municipal a este certame, formalizado en 2010 polo Ministerio de Ciencia e Innovación para distinguir os méritos das cidades que lideran os procesos de avance científico.
O CPEIG apoia a candidatura da Coruña como Cidade da Ciencia
Compartir Este Artigo
