
Segundo informa a dita Consellería, os consumos desta índole, no ámbito municipal, sitúanse de media arredor dos 13.000 tep/ano, dos que o 78% corresponde a enerxía eléctrica e, dentro desta porcentaxe, o 70% a iluminación pública.
O novo servizo de diagnose enerxética, infórmase, “permitirá facer avaliacións on-line adaptadas ás particularidades de cada municipio, contribuíndo á identificación de medidas concretas de eficiencia enerxética”. Asemade, engádese, a aplicación será “unha nova fonte de datos estatísticos, axeitados para analizar a implantación de medidas de aforro e eficiencia e o uso das fontes renovables nos municipios galegos”.
A ferramenta, informa o INEGA, estará operativa e accesible antes de que remate o ano. A súa posta en marcha insírese nun plan xeral a prol do aforro local xestionado e impulsado pola Consellería e que xa se veu materializando en achegas previas como un servizo informático de cálculo de tarifas eléctricas (para facilitar aos concellos a revisión da facturación de electricidade) que xa está a ser empregado por máis de medio centenar de usuarios. Entre outras cousas, permite rendibilizar a potencia contratada e axustar a demanda de enerxía reactiva, “sinalando as posibles melloras a emprender”.
O INEGA impulsa unha nova ferramenta para permitir que os concellos fagan auditorías enerxéticas en liña
Compartir Este Artigo
