CIS Galicia organiza os vindeiros 17 e 18 de decembro unha actividade formativa sobre metodoloxía eficaz para amosar a importancia das patentes e asegurar a meirande comunicación e colaboración entre os focos de Innovación e Desenvolvemento (I+D) e os beneficiarios potenciais: empresas, institucións e a cidadanía en xeral. Trátase do Curso de Vixilancia Tecnolóxica e Transferencia de Tecnoloxía, que se desenvolve en Ferrol a través dunha serie de actividades de natureza práctica, moitas delas obradoiros, destinados a garantir que “os asistentes amplíen os seus coñecementos sobre o valor das patentes como fontes de información tecnolóxica, e o seu importante papel na valorización e procesos de transferencia de tecnoloxía”.
O curso contará en tarefas de docencia con Juan Carlos Vergara, director técnico do Centro de Vixilancia, Normas e Patentes (CDE). Entre outras moitas cousas, trataranse cuestións como os recursos web dispoñibles para a formalización de patentes, as estratexias de procuras en liña máis habituais ou os programas informáticos de meirande potencial para a intelixencia tecnolóxica de patentes. A continuación, damos conta do programa, punto por punto.
PRIMEIRA XORNADA
09:00 – 9:10 CIS Galicia. Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.
9.15 – 11.00 Recursos web en materia de patentes
Escenario actual de servizos e BDDs de patentes: Oficinas de patentes, BDD bibliográficas, de Rexistro, Clasificacións, Documentos, Litixios. Diferencias.
Identificación das BDD bibliográficas máis relevantes. Criterios de comparación. Como actualizar a comparación.
Exercicio de comparación entre varias bases de datos de patentes.
11.00 – 11.20 Pausa café
1.20 – 12.30 Estratexias de busca máis habituais en BDDs bibliográficas
Buscas baseadas en palabras clave, clasificacións IPC ou ECLA.
Exercicios de busca e clasificacións
Exercicios de optimización de busca en Espacenet con Smart Search
12.30 – 13.30 Tipos de Informes de Patentes máis comúns:
Caracterización dos informes sobre o estado da arte, estado legal, patentabilidade, infracción, liberdade de explotación.
Tipos de Informes de Vixilancia Tecnolóxica.
15.00 Software para a intelixencia tecnolóxica de patentes.
15.30 Exemplo de software: Matheo Patent
Enfoque, Principais funcións: Busca, filtrado, creación de grupos e temas, avaliación, anotación, descargas, informes, exportación de datos, actualización, alertas etc.
Análise e mapas tecnolóxicos: histogramas, matrices, redes, análise de citas, spider graph, visualización do estado legal, etc.
16.30 Exercicios de busca e análise avanzado de patentes
SEGUNDA XORNADA
9.00 – 9.30 Conceptos: Know-how, a tecnoloxía, a propiedade industrial.
Definición de activos tecnolóxicos o cartafol tecnolóxico
Relación entre patentes e mercado
Xestión da carteira de PII e a súa relación coa TT
9.30 Estratexia tecnolóxica e Xestión do Cartafol Tecnolóxico
Equipo, capacidades e estratexia -Pasos para licenciar unha patente
Inicio: Onde estamos situados en cada tecnoloxía?
Modelo TIME – Identificación e Avaliación do Interese Comercial das Tecnoloxías.
Exercicio de uso do modelo TIME
11.20 Outras metodoloxías complementarias
Metodoloxía TRIP.
Exercicio do uso do modelo TRIP
12.20 Comparación do valor de dúas tecnoloxías
Programa IPScore
Exercicio de uso do programa IPScore
15.00 O longo proceso da Transferencia de Tecnoloxía
Elementos do proceso, busca de licenzatarios, Licenzas por infracción.
Patentes BDDs, funcións e análise de interese para a TT.
17.00 Casos e análise de estratexias de Transferencia de Tecnoloxía
CIS Galicia organiza en Ferrol un curso sobre vixilancia e transferencia tecnolóxica
Compartir Este Artigo
