
Dende TELGalicia teñen en conta que ferramentas como os vídeos, os xogos ou as aplicacións para facer robots poden ter un lugar de seu nas aulas de Primaria e Secundaria, levando a innovación á aprendizaxe, involucrando máis aos alumnos na aula e mudando o rol do profesor, que pasa de ser o centro para actuar como “conselleiro e recomendador” segundo comentou o coordinador desta rede, Manuel Caeiro.
A xuntanza desta xornada serviu para presentar o plan de traballo de TELGalicia para o vindeiro semestre, un programa de actuacións que procurará a elaboración de propostas educativas para o desenvolvemento na aula, a creación dun repositorio de materiais e recursos educativos (principalmente ferramentas informáticas dispoñibles na web), desenvolver un marco competencial para profesores sobre TIC aplicadas á educación e realizar enquisas sobre o emprego das TIC na educación primaria e secundaria en Galicia.
TELGalicia define o seu plan de traballo para o vindeiro semestre
Compartir Este Artigo
