A directora da AMTEGA, Mar Pereira, e o administrador xeral da Autoridade Nacional para a Innovación Gobernamental da República de Panamá, o enxeñeiro Eduardo E. Jaén, veñen de asinar un protocolo que establece a colaboración no ámbito TIC entre a Xunta de Galicia e o Goberno de Panamá, para intercambiar experiencias e compartir información sobre as iniciativas que ambas administracións desenvolven no eido tecnolóxico. Ambas administracións tamén colaborarán no impulso de intercambios comerciais no eido das TIC.
Contemplase unha colaboración específica en materia de administración electrónica compartindo información sobre sistemas, servizos e tendencias deste eido. O acordo contempla ademais o intercambio de persoal para mellorar a capacidade dos recursos humanos de ambas administracións mediante a celebración de talleres e seminarios así como a elaboración de estudos conxuntos en áreas de interese mutuo.
A AMTEGA e a Autoridade Nacional para a Innovación Gobernamental cooperarán tamén no deseño de políticas de seguridade para afrontar temas como a piratería informática ou a privacidade. Ademais se estudará como achegar información á cidadanía sobre estes temas para xerar un clima de confianza en trono a o uso das TIC, especialmente entre os máis afectados pola fenda dixital.
A Xunta e o Goberno de Panamá compartirán información sobre as súas iniciativas TIC
Compartir Este Artigo
