
O convenio, segundo sinala o Cluster TIC de Galicia dende a súa web, abrangue tamén o obxectivo de fomentar a normalización no eido das Cidades Intelixentes para contribuír, deste xeito, á súa implantación e despregamento en España. O acordo permitirá a normalización dun novo modelo de desenvolvemento urbano que posibilite xestionar de forma sostible e intelixente as cidades.
O Comité Español de Normas sobre Cidades Intelixentes, integrado por máis de 170 representantes de empresas, administracións públicas e especialistas en novas telecomunicacións e redes da información, establecerá os criterios e parámetros que terán que rexer as Smart City.
A Coruña tamén foi elixida voceira do Comité Plenario, encargada do seguimento e coordinación das cidades intelixentes e da relación con outros comités internacionais.
A Coruña terá presenza no comité para regular e espallar no eido estatal as Cidades Intelixentes
Compartir Este Artigo
