
Volvendo a Galarq, dicir que grazas ao seu portal os novos arquitectos poderán expor as súas obras, localizar información sobre formación, novas do sector, ofertas de emprego e en virtude da colaboración con Construdata21, obras e proxectos nos que participar activamente.
O portal Construdata21, cuxa sede central está en Vigo, é unha plataforma multilingüe que contén información exhaustiva sobre obras de construción públicas e privadas, en todo o mundo e en calquera fase de execución.
A iniciativa Galarq naceu este ano promovida por un grupo multidisciplinar de novos arquitectos e enxeñeiros da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que decidiron unir os seus esforzos na creación dun punto de encontro común de información, promoción e investigación en arquitectura e urbanismo, e destinado principalmente ao estudante e profesional que comeza. Pretende, por unha banda, crear unha base de apoio constante para os estudantes de arquitectura, “xa que é importante que exista un lugar no que todo este sector poida resolver as súas dúbidas ou consultas e dar renda solta ao seu enxeño sen medos nin restricións”, sinalan os seus responsables. Por outra banda, diríxese a axudar a novos arquitectos que se atopen no seu inicio profesional e que non teñen a oportunidade de demostrar o seu talento e creatividade.
O portal galego-portugués Galarq beneficiarase da exhaustiva información sobre obras internacionais de Construdata21
Compartir Este Artigo
