A campaña en Tuenti principiou cun concursoO director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, Manuel Varela Rey, presentou esta mañá os resultados iniciais da campaña Cocos ao 100%, desenvolvida en Galicia a través de Tuenti, por considerar esta plataforma social como a máis empregada pola mocidade (estímase que ten 187.000 usuarios na nosa comunidade), e que conseguiu sumar 2.353 seareiros, 566 fotografías, 118 mensaxes no taboleiro, 5.352 usuarios que votan e 14.413 votos emitidos. Cocos ao 100% principiou a súa actividade cun sorteo en Tuenti entre todos aqueles mozos que amosen como se divirten no seu tempo de lecer sen alcohol, sendo o premio para as mellores fotos un iPhone 5 ou iPad mini, así como o sorteo de varias camisetas entre os participantes. A promoción actúa como gancho para unha comunidade de mozos cos que Sanidade quere interactuar e explicar, na súa propia linguaxe, cales son as vantaxes de ter o Coco ao 100%. O director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, Manuel Varela Rey, presentou os resultados iniciais da súa campaña en TuentiPara Varela Rey é fundamental que a Consellería de Sanidade continúe desenvolvendo programas de comunicación en plataformas sociais na Rede “para non ser espectador pasivo dos cambios que se producen na sociedade galega” salientando que “teremos máis oportunidades de falar coa mocidade galega se estamos tamén onde máis tempo pasan”.
Xente con Vida
Sanidade xa iniciou outra campaña semellante con páxina web, blog, Facebook e Twitter denominada Xente con Vida, iniciada en marzo, que nestas 38 semanas de funcionamento, a web e o blog de Xente con Vida levan 169.621 páxinas vistas, 647 páxinas vistas por día, 41.758 visitas e 1.560 participacións en enquisas. En Facebook hai máis de 4.800 fans, 173 mensaxes publicadas, 16.656 accións dos usuarios e 10.235.834 impresións servidas.